Fardel de eisilado (Galician, galego)

  • Main
  • Fardel de eisilado (Galician, galego)

Fardel de eisilado (Galician, galego)

Luís Seoane
Sukakah anda buku ini?
Bagaimana kualiti fail ini?
Muat turun buku untuk menilai kualitinya
Bagaimana kualiti fail yang dimuat turun?
En 1949, Luís Seoane poñía, por primeira vez en treceanos de exilio na Arxentina, os pés no continente europeo, onde pasa cinco meses entre París e Londres. Na travesía de regreso a Bos Aires, aproveitando unha escala técnica que realiza o Highland Princess no porto de Vigo, el e a súa dona poden verse e conversar con algúns vellos amigos durante tres breves horas. Xa de novo a bordo do paquebote, aguilloado por un sentimento de derrota persoal e xeracional, Luís Seoane acomete, pola pura necesidade de expresar o seu desacougo, a composición de «Dende o Highland Princess», o segundo dos dous poemas que utilizará de pórtico en Fardel de eisilado, cando se decide a publicar o poemario en 1952. Para ilustrar o que era o seu primeiro libro de poemas, o artista utilizará ademais os debuxos que realizara dos emigrantes que compartiran con el as longas horas de ocio no «combés de terceira» do barco.
Fardel de esisilado é a achega firme dun artista plástico xa de éxito en 1952 que elixe a expresión poética, deliberadamente e porque se sente dotado para traballala, co propósito de enunciar a súa persoal reflexión sobre a emigración e o exilio; segundo o poeta, dúas facianas converxentes nunha idéntica realidade, caracterizada polo alleamento e a exclusión social.

A condición de libro icónico que adoito se lle atribúe a Fardel de eisilado obedece, en non pouca medida, ao cambio que a súa publicación introduciu na lírica galega, que Luís Seoane orienta cara aos eidos do socialrealismo, servíndose dunha linguaxe de intención prosaica pero de ambición épica.
Tahun:
2020
Edisi:
1
Penerbit:
Consello da Cultura Galega
Bahasa:
galician
Halaman:
134
ISBN 10:
8417802258
ISBN 13:
9788417802257
Fail:
PDF, 8.83 MB
IPFS:
CID , CID Blake2b
galician, 2020
Baca dalam Talian
Penukaran menjadi sedang dijalankan
Penukaran menjadi gagal

Istilah utama